miradas que converxen

lunes, 26 de febrero de 2007

A caída do pedestal

Todos nos tomabamos a coña o exame de Antón. De feito, estaba incluido no Top Five dos profesores mellor valorados pola concorrencia estudiantil xornalística do "paso de todo". Chegaba, como mínimo, 15 minutos tarde cada día, deixábanos marchar antes, falaba de calquer cousa insubstancial na clase, saia a falar por teléfono tres ou catro veces por día e os apuntamentos non eran grande cousa. Pero hoxe caiu do pedestal do clube dos magníficos. Hoxe deixou no podio de honra a Galindo, Vaz, e Manoliño -¡coño!-. El podía competir en igualdade de condicións con estas ilustres figuras ata hoxe sen ningún tipo de problema. Hoxe sairon as notas de Deseño. ¡Sorpresa, sorpresa! Agardábamos que tardasen moito en sair, cousa que se cumpliu, e agardábamos tamén aprobados sobrados, pero isto non sucedeu. Todo o contrario. Houbo notas moi baixas e incomprensibles- por exemplo, Latas e máis eu inventamos o mesmo no exame e obtivemos resultados moi diverxentes ou que as fontes documentais fosen practicamente as mesmas para todos-, prácticas sen calificar, o chamado PSC,- menos mal que se nos deu o último día por ir a clase do venres- e varios suspensos- ánimo Ka-.
Vista a situación, o mellor era replantexar a nosa vida existencial. Nada mellor que pasar de todo e botar a mítica timba de "Chupate un par" na cafetería da facultade- como picaches Lali coas fodendas de Latas. ¡Dios que vicio teño de cartas!- Consideramos incluir a López e SanJurjo como posibles membros do novo Top Five. E é que hoxe descubrimos ao profesor de Dereito da información como unha nova promesa. Mañá xa vai faltar, chegará 30 minutos tarde sempre e é un home que se perde nas explicacións con admirable facilidade. Ainda que nos queda saber quen impartirá Programación dise que pode repetir Antón. Se non o é, veremos se é un profesor que poida ter as capacidades necesarias para entrar no Top Five.
Os intocables, como dicía anteriormente son: Galindo- non haberá exame e só unha clase entre comillas por semana-, Vaz- a clase das mil e unha coñas- e Manolo- agardamos que non levemos outra sorpresa-. No outro lado se sitúan o clube dos aborrecidos: Outeiriño, Vázquez. Margarida Ledo, Antía- outra escabechina das guapas- e Les- sobroume unha décima-. Aborrecido tamén é o rapaz que estaba hoxe detrás de Latas e maís eu en "Hai debate!". Nas dúas horas que tivemos que esperar a que comezas a grabación do programa, estivo un rapaz preguntándolle a unha rumana como se dician tal e cual palabra no seu idioma. "Como se dice perna? Como se dice auga? Como se dice pene? Como se dice tetas? Como se dice aborrecido? Como se dice pesao? Como se dice...?
Para aborrecido o conductor do autobús, que non deixaba subir a xente coa bolsa do bocata, tanto se o querías comer antes de subir, durante a viaxe ou despois. Dáballe igual. Logo claro, tivo que intervir Marcos para calmar os ánimos e que todo voltase á normalidade, isto é, a comer o bocata no bus. Será recordado este programa pola resposta dun deputado do PP ante a denuncia de ter feito unha reforma a última hora, despois de 16 anos de lexislatura en Galicia. "O caso é que está feita", respondeu o deputado para sair do paso. Foi o único interesante do debate.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gran caída do pedestal, amigo Lenda! Cando todos pensabamos que ían ser gharghalladas con Antón, atopámonos con isto! Que despropósito á vagancia!! Onde se víu que calquera profesor do Top Five dos grandes fixese tal acción. Imaxinádesvos a Vaz suspendendo? Putas risas, verdade!! jaja!! Aínda que agora que o penso máis risas sería que Galindo dese clase un día!!!! Buf... Isto é que nin mos meus soños!!!
Seguro que algún dos implicados (profesores) leu esta perfecta entrada do baionés, mais a súa forma de traballo (rañar o bandullo) non os deixa responder! Eu, dende aquí, quero trasladar a miña tremenda admiración respecto a estes personaxes e, ademais, quero pedir compromiso a todos os lectores para facer un grupo forte de "pasa de todo" xDD! Chegaremos moi alto (sempre que haxa ascensor jajaja).
Sobre os pailáns de atrás en Hai Debate prefiro non opinar. Só digo que me recordan a "por aí non paso".

Un saúdo a Baiona e felices festas!!!

Anónimo dijo...

No voy a comntar como jugais al Chupate un par xk me quede totalmente indignada con vuestras técnicas ilegales de juego. Con preguntas denigrantes hacia mi persona como: Qué sacaches en Antía?? ejem.
Pero despues de esa "caida do pedestal" de Galocha suspendiendo gente...Onde se viu tal???. pero bueno creo que Sanjurjo está intentando entrar en ese Top Five y viene pisando fuerte...esperemos que siga su ritmo de no venir, y si viene dar 30 minutos de clase y decir que está cansado para poder pirarse a: "tomar un cafe" como diría Galindo, que jarjayadas!!!
en fin, solo me queda hacer otro llamamiento al gran MACROCUMPLEAÑOS que tendrá lugar el 29 de marzo!!!!NO FALTEIS, en breve tendreis vuestros pases VIP.

Un biKiñO!LaLi

Anónimo dijo...

EEh faltaba aki mi comentario x alusiones, pero es que sabia que Galocha no me iba a fallar. creo que sin duda de nuevo vuelve a subir al pedestal del que nunca debio haber bajado ya que es el primer profesor que aprueba a un alumno sin ir a revision x no hacerle la revisión fuera del día correspondiente. eso si es vagancia y lo demas son tonterias. por cierto, alguien sabe cuando empiezan las clases de programación jajaja y en el caso de q nunca apareciese un profesor por clase... habria examen? o aprobado general? xq polo menos galindo vai unha vez a clase e se esforza por facer q botemos unhas jarjayadas. en fin isto é unha toleria.
y en cuanto a hai debate decir que si ya estaba enamorada de marcos ahora lo estoy mas... ay! que agresividad pero a la vez sin perder los nervios enfrentandose al conductor del bus q me habia negado la entrada al mismo...es el mejor y ojala todos los hombre fuesen como el ..... podrá llegar uno a fin de mes solo yendo a programas de la TV? x cierto lali espero que rectifiques esa frase de como diria galindo: q jarjayadas! ejem ejem.