miradas que converxen

domingo, 24 de junio de 2007

30: O número máxico

Este será un ano a recordar polo madridismo. Se no fútbol chegabamos a 30 Ligas, o baloncesto non quixo ser menos. Facía 21 anos que non se acadaba o dobrete na Liga e na ACB. Pero no basket tamén hai dobre alegría xa que debemos recordar que o Madrid foi campión da ULEB- e finalista na Copa do Rei-.

Se un catalán deixaba en bandexa a Liga de fútbol- insisto en que fichen a Tamudo-, Joan Plaza, nado en Barcelona, debutou na ACB con vitoria- é o tercer adestrador en facelo- e para máis morbo, no Palau. Foi capaz de armar un equipo. Todos aportn o seu grano de area. Ainda que Felipe Reyes foi determinante na consecución do título. É xa unha estrela de basket, que só espera clminala, ainda maís, co Europeo. E ademais de Reyes Bullok, Raúl López, Smith, Tunceri...Todos formando un equipo.

Só queda felicitar a este gran Madrid. Campións!!!

lunes, 18 de junio de 2007

Unha Liga así sabe mellor

Si, efectivamente, un clube como o Real Madrid non podía permitirse estar catro anos consecutivos sen acadar ningún título. Conseguilo foi unha tarefa moi dura desde o comezo ata prácticamente o últmo minuto da Liga.
Calderón e todo o Real Madrid tiñan que superar as sombras que ainda percorrían o Bernabeu da época de Florentino. O novo presidente, que gañara as elección non exentas de polémica, confiuou o obxectivo de non acabar en branco a Fabio Capello, por medio de Pedja Mijatovic. Daba igual o estilo do italiano o importante eran os bos resultados e no Madrid facía xa moito tempo que non había boas novas. Como xa se esperaba, Capello quería un equipo forte en defensa, que matase o seu rival, aproveitando ao máximo as oprtunidades das que se gozase. As cousas, non obstante, non saían ben. A aposta Emerson-Diarra non daba os resultados esperados polo técnico, Cassano non está polo labor de colaborar, Ronaldo provocaba división no vestiario e Bekcham non daba para máis e Cannavo non era o do Mundial.
O punto de inflexión foi a eliminación co Bayern na Champions. Aquel partido facía prever un novo fiasco de tempada, pero co Barça o Madrid volveu a soñar, ou mellor dito, volveu a confiar nas súas posibilidades. Xa non estaba Ronaldo, Bekcham volvía do desterro, Guti e os demais suplentes (Higuaín, Gago...) sacaban as castañas do fogo a Emerson e Diarra, que, por outra parte, melloraban co paso dos partidos e , con eles, todo o Madrid. A vella guardia española do Madrid tomaba o mando no vestiario con Raúl de protagonista principal.
No último tramo de Liga o Madrid foi o mellor. Pode que o seu fútbol non fose brillante, pero os xogadores tiñan moita fe nas súas posibilidades. así, chegaron as remontadas épicas, nas que Van Gol foi determinate con 25 goles. Parecía que de ser unha banda, pasaban a ser todos heroes. Mentres o Barça levaba unha tempada tranquila, na que xa daban o título por conseguido antes de comezar. Fixéronme recordar ao Madrid de despois de Del Bosque, ao Madrid dos galácticos, cometendo os mesmos error. Os xogadores xogaban máis en beneficio propio que en beneficio do equipo, todo o contrario que os merengues.
Tamudo e cu de Basinas deberían ser inmortalizados como deuses madridistas. Calderón debería aguantarse antes de celebrar os títulos e o Madrid non facer sufrir tanto á afección. Pero así as victorias saben mellor.
30 Ligas!!! Campións!!
Posdata: Gracias a Roberto por tantas alegrías

Interrogantes: Que será de Capello?de Reyes? e que facía Tom Cruise con gafas de sol ás 11 da noite?