miradas que converxen

jueves, 8 de marzo de 2007

O Madrid batindo récords

O Real Madrid segue facendo historía. Xa vai pola cuarta tempada en branco- facendo honra ás cores oficias do clube- e non hai sintoma de cambio. Da excesiva soberbia de Florentino, que non lle chegaba cun título por ano con Del Bosque e ao final quedouse sen ningún título e sen un adestrador serio-, pasamos a un presidente que non ten nin proxecto deportivo nin cumpliu as promesas que lle colocaron nos postos de mando- nin Kaka, nin Cesc, nin Cristiano Ronaldo-. E tampouco hai planificación de plantilla, o que poderiamos considerar unha política- ou mellor dito non política- arbitraria de fichaxes, obtendo como resultado unha plantilla descompensada.
Prometíase en verano unha limpeza de xogadores, ao final só Zidane saliu do Madrid, e non porque o botasen, senón porque tocaba retiro. Así, os mesmos xogadores que fracasaron unha, dúas e tres veces seguian sendo os protagonistas desta película de terror chamada Real Madrid. Con Capello viñeron Emerson, Diarra, Cannavaro, Van Gol e Reyes. Emerson e Diarra viñan a ocupar un posto deserto desde a marcha de Makelele, a de medio centro defensivo. O primeiro sostivera a seleción brasileña durante longos anos, traballando por moitos xogadores que non participaban en tarefas defensivas- problema que tiña ata entón o Madrid- . O segundo deslumbrara ao Madrid co Lyon, equipo que sempre humillaba ao Madrid en Europa. Ningún dos dous parece adaptarse ao Madrid. Emerson parece estar listo para a xubilación e de Diarra esperábase algo máis. Cannavaro pasou de ser o mellor central do mundo, a ser o central máis patoso da Liga española e Reyes, que deslumbraba en Inglaterra, pasa desapercibido polos campos españois. No que se refire a Van Gol, parece que perdeu algo de olfato goleador, ou que non ten un equipo que se adapte as súas características- a saber-.
Con este novo panorama só faltaba deixar escapar ao mellor dianteiro do mundo polo menor prezo posible- outro récord do Madrid-. Capello fai marchar a Ronie, e os blancos quedan sen apenas gol. Por outra parte, a plantilla gana a partida a Capello, algo impensable. O italiano era famoso pola súa man dura e aquí parece ablandar. Cassano, Bechkam e Emerson volveron a xogar despois dos seus respectivos actos de rebeldía. En resumo, Capello non ten nin idea de bo fútbol e o único que tiña- man dura- parece xa perdido.
Cun entrenador en entredito, unha plantilla perdida e descompensada, agora sen dianteiros e falta de organizadores e extremos- Robinho cae unha e outra vez da súa bicicleta- e un presidente de coña, os resultados virían sós. Só Casillas evita males maís graves. Primeiro foi a Copa e agora a Champions, mentres na Liga as posibilidades de título son practicamente nulas. Eso sí, O Madrid segue a batir récords. 10 segundos bastaron para mandar ao garete a Champions. Aquí vos deixo o vídeo que ilustra o despropósito branco.
Sempre nos quedará alegrarnos coas derrotas do veciño.

6 comentarios:

Don Tikario dijo...

jaajjaaj no se os ocurra criticar al Madrid, está reestructurandose poco a poco jajajaaj
para estar dando tanta pena solo esta a 5 puntos del barsa, que puede que mañana sean 2. Así que ala Madrid!!
para que cambiar lo que está funcionando!!!! jajajaaj

Anónimo dijo...

ha empeZadO eL gran derBi y Ya con uN goL...jiji yO no digO nada pEro estO prometE!

Anónimo dijo...

weno, me retracto de lo dicho...gOl deL barça...ejeM

Anónimo dijo...

Pedazo partido o de hoxe. Unha mágoa para o Madrid non levarse os tres puntos, pero xa se sabe, quen persoa, acaba pagando. E é que un equipo non pode deixar escapar tantas ocasións como o Real Madrid. Os dous goles de Van Nistelrooy non o perdoan nas outras xogadas tan clamorosas erradas. É agora, neste momento, no que todos botamos de menos a Ronaldo. Seguro que sería outro cantar...

Anónimo dijo...

yo no se q decir xq no vi el partido. pero no se... reconozco que roni me dio un poco de pena cuando se fue... y ahi todos llamandole gordo y te echamos xq eres gordo...debe estar traumitazado. y con esas bochechiñas que dan unas ganas de estrujarselas.en fin que siga triunfando en su nueva etapa. jajajaaja

Anónimo dijo...

Creo que estás basntante eqivocao. Segues pensando que vai ter unha tempada en branco??Despoi do de onte (4-0 n copa do Getafe ao Barcelona) eu diría que este Madrid vai gaár a forma dunha maneira clamoroa, nesta recta final vai ser un paseo branco e unha debacle barcelonista. Saudiñoss!!