miradas que converxen

lunes, 26 de febrero de 2007

A caída do pedestal

Todos nos tomabamos a coña o exame de Antón. De feito, estaba incluido no Top Five dos profesores mellor valorados pola concorrencia estudiantil xornalística do "paso de todo". Chegaba, como mínimo, 15 minutos tarde cada día, deixábanos marchar antes, falaba de calquer cousa insubstancial na clase, saia a falar por teléfono tres ou catro veces por día e os apuntamentos non eran grande cousa. Pero hoxe caiu do pedestal do clube dos magníficos. Hoxe deixou no podio de honra a Galindo, Vaz, e Manoliño -¡coño!-. El podía competir en igualdade de condicións con estas ilustres figuras ata hoxe sen ningún tipo de problema. Hoxe sairon as notas de Deseño. ¡Sorpresa, sorpresa! Agardábamos que tardasen moito en sair, cousa que se cumpliu, e agardábamos tamén aprobados sobrados, pero isto non sucedeu. Todo o contrario. Houbo notas moi baixas e incomprensibles- por exemplo, Latas e máis eu inventamos o mesmo no exame e obtivemos resultados moi diverxentes ou que as fontes documentais fosen practicamente as mesmas para todos-, prácticas sen calificar, o chamado PSC,- menos mal que se nos deu o último día por ir a clase do venres- e varios suspensos- ánimo Ka-.
Vista a situación, o mellor era replantexar a nosa vida existencial. Nada mellor que pasar de todo e botar a mítica timba de "Chupate un par" na cafetería da facultade- como picaches Lali coas fodendas de Latas. ¡Dios que vicio teño de cartas!- Consideramos incluir a López e SanJurjo como posibles membros do novo Top Five. E é que hoxe descubrimos ao profesor de Dereito da información como unha nova promesa. Mañá xa vai faltar, chegará 30 minutos tarde sempre e é un home que se perde nas explicacións con admirable facilidade. Ainda que nos queda saber quen impartirá Programación dise que pode repetir Antón. Se non o é, veremos se é un profesor que poida ter as capacidades necesarias para entrar no Top Five.
Os intocables, como dicía anteriormente son: Galindo- non haberá exame e só unha clase entre comillas por semana-, Vaz- a clase das mil e unha coñas- e Manolo- agardamos que non levemos outra sorpresa-. No outro lado se sitúan o clube dos aborrecidos: Outeiriño, Vázquez. Margarida Ledo, Antía- outra escabechina das guapas- e Les- sobroume unha décima-. Aborrecido tamén é o rapaz que estaba hoxe detrás de Latas e maís eu en "Hai debate!". Nas dúas horas que tivemos que esperar a que comezas a grabación do programa, estivo un rapaz preguntándolle a unha rumana como se dician tal e cual palabra no seu idioma. "Como se dice perna? Como se dice auga? Como se dice pene? Como se dice tetas? Como se dice aborrecido? Como se dice pesao? Como se dice...?
Para aborrecido o conductor do autobús, que non deixaba subir a xente coa bolsa do bocata, tanto se o querías comer antes de subir, durante a viaxe ou despois. Dáballe igual. Logo claro, tivo que intervir Marcos para calmar os ánimos e que todo voltase á normalidade, isto é, a comer o bocata no bus. Será recordado este programa pola resposta dun deputado do PP ante a denuncia de ter feito unha reforma a última hora, despois de 16 anos de lexislatura en Galicia. "O caso é que está feita", respondeu o deputado para sair do paso. Foi o único interesante do debate.

domingo, 25 de febrero de 2007

Censura en democracia

A censura e a democracia son conceptos que por definición non poden ser compatibles. Un país que presuma de ter un sistema democrático, debería velar pola liberdade e a pluralidade, adxectivos que son condición sine qua non para que o citado sistema exista. Actualmente, presúmese de democracia e liberdade en moitos países, pero nesas democracias existen atentados diarios á liberdade imperdoables. Non hai máis que ver aos EEUU para corroborar o que estou a dicir. Pero non pensen que a situación en España é distinta.
Un pode estar cansado de escoitar que na dictadura franquista os medios de comunicación tiñan que convivir coa censura. Nun sistema carente de liberdades é lóxico que haxa censura, o que non é lóxico é que democracia e censura coexistan. O último exemplo foi a decisión da televisión pública de España, TVE, de non emitir a entrevista de Quintero a Jose María García. Esta decisión contextualízase nun momento no que o director do ente público foi elexido democráticamente polo Parlamento para garantir así a pluralidade.
Pois, resulta que a primeira decisión do novo directo foi censurar a entrevista ao "Butanito". ¿Esta é a liberdade e a pluralidade que se buscaba? Cercenar a liberdade de opinión dunha persoa- co agravante de producirse nunha institución pública- non pode ter nunca xustificación. Se realmente había insultos ou faltas contra as persoas que cita García, o remedio non é a censura. Se houbese algo punible, non é a censura a que debe actuar nun país democrático, é a xustiza. Formulo todo isto mediante hipóteses porque nin tan sequera os argumentos que utilizou TVE para censurar a entrevista se corresponden coa realidade. É certo que criticou a figuras como Aznar, Rajoy ou o propio presidente de TVE. Non obstante, en ningún momento insultou nin faltou ao respeto de todos os nomes que aparecían na entrevista.
Pero non queda aquí este atentado á liberdade. O colofón deste despropósito foi a emisión dun fragmento no que García falaba do presidente de TVE, para demostar así que non se censuraba polas críticas a tal presidente. Aplaudamos, pois, a esta gran iniciativa de TVE. ¡Bravo! Xa podemos estar tranquilos coa visión que ten a clase política dirixente do talante democrático.
O que define realmente a democracia é deixar falar a algúen co que non esteamos en absoluto dacordo, pero defender firmemente o seu dereito a dicilo. Señores do poder, deben vostedes saber encaixar as críticas, para poder presumir tanto de democrátas.

martes, 20 de febrero de 2007

Aberto ata o amanecer

Título orixinal: From Dusk Till Dawn
Compañía: A Band Apart / Dimension Films / Los Hooligans / Miramax Films
Director: Robert Rodríguez
Guión: Quentin Tarantino
Reparto:George Clooney (Seth Gecko)Harvey Keytel (Jacob Fuller)Quentin Tarantino (Richard Gecko)Juliette Lewis (Kate Fuller)Salma Hayek (Satánico Pandemonium)

Argumento:
Os irmáns Gecko fuxen da policía buscando a fronteira mexicana. No seu camiño raptan ao predicador Jacob e aos seus dous fillos, apropiándose tamén da súa autocaravana. Xunto con eles cruzan a fronteira e dirixense a un recóndito garito de motoristas e camioneiros, chamado a Teta Enroscada no que os Gecko deben agardar ao seu contacto, o cal chegará ao amencer. Aindan falta unha noite enteira...

O porteiro do local da Teta Enroscada:
Xa temos perrechas, perrechas, perrechas. Adiante amantes das perrechas. Aquí, na Teta Enroscada ofrecemos perrechas a metade de prezo. Fáganos unha oferta para a mellor selección da nosa perrecha. Son as raxas da perrecha. Vamos! Temos perrecha branca, perrecha negra, perrecha hispana, perrecha amarela, perrecha quente, perrecha fría, perrecha húmida e, incluso, perrecha fedorenta. Perrecha peluda, perrecha sanguente e ata unha perrecha mordedora. Perrecha de seda, perrecha de terciopelo, perrecha acrílica, perrecha de besta, perrecha de cadela, perrecha de galiña. Vamos! Queren perrecha? Pasen, pois, amantes da perrecha. Se non a temos, é que non vale a pena. Adiante, amantes da perrecha.
(...)
Atención compradores da perrecha! Aproveitade a nosa oferta da perrecha por un centavo. Se mercas unha perrecha a prezo normal, recibirás outra perrecha de igual ou menor valor por tan só un centavo. Quén dá máis por só un centavo? Se atopas outra perrecha máis barata noutro lugar, fódea!!!

martes, 13 de febrero de 2007

Aznar, o domino da retórica

"Pueden creerme los españoles si les aseguro que Irak tiene armas de destrucción masiva", así de rotundo amosábase o, por aqueles días, presidente do Goberno, Jose María Aznar. Cando o máximo mandatario dun país decide intervir militarmente noutro país significa que ten razóns suficientes para xustificar unha acción de tales dimensións. Se partimos de que ningún presidente do Goberno minte á cidadanía, debemos considerar que Aznar manexaba datos dabondo para demostar que Irak tiña armas de destrucción masiva, pois ese era o único argumento que manexaba Bush, Blair e o propio Aznar a favor da intervención. Polo tanto, tiña que tratarse dunha verdade absoluta.
Sen embargo, fai poucos días Aznar rectificou e dedicounos esta gran frase que estudiarán os nenos na escola nun tempo non moi lonxano: "Evidentemente todo el mundo pensaba que en Irak había armas de destrucción masiva, y no había armas de destrucción masiva. Eso lo sabe todo el mundo y yo también lo sé, ahora, yo lo sé ahora. Tengo el problema de no haber sido tan listo de no haberlo sabido antes, pero es que cuando yo no lo sabía, nadie lo sabía, todo el mundo creia que las había, ¿sabes?".Vaia por dios, a mairía dos españois pensabamos que non as había, vai resultar que case todo o mundo é maís listo que Aznar, pero isto xa o sabiamos.
Pola primeira afimarción podemos concluir que os españois non facíamos ben confiando no noso presidente, xa que este estaba enganado. Pola segunda afirmación, coincideremos todos en que o homiño ten facilidade de palabra.
A guerra de Irak é irrmediablemente un erro- a non ser que Aznar minta niso de que antes non o sabía, deixando ao ex presidente como un dos brazos executores dun dos maiores xenocidios da historia da humanidade- e como erro debería pedir perdón. Non obstante Aznar considera que actuou como debía porque "las decisiones hay que tomarlas no a toro pasado, sino cuando está el toro sobre el terreno, y es ahí cuando hay que torearlo". Traducindo, da igual se a medida non é acertada, o caso é actuar sen aterse as consecuencias, pois tódolos días hai mortos en Irak desde que EEUU, Inglaterra e España meteron as sús pezuñas.

miércoles, 7 de febrero de 2007

Nada que agochar

Vaia vaia vaia... parece que o actor que da vida no cine a personaxe de Harry Potter, Daniel Radcliffe, se está a facer maior. Este pequeno actor quérese despegar un pouco da persoaxe que lle deu fama e faino cun novo proxecto, esta vez para o teatro londinense coa obra Equus, de Peter Shaffer, que se estreará o 27 de Febreiro no teatro Gielgud de Londres.
Cando eres un neno prodixio tes duas opcións: faste politoxicómano coma moitos (Drew Barrymore, Macaulay Culkin..) ou fas traballos impresionantes para que vexan que non eres un neno e, neste caso, cultivas o teu corpo e mándaste un "desnudo" do quince.
Algúns pais declaráronse escandalizados e xa anunciaron que non pensan levar os seus fillos a ver máis películas de Harry Potter; igual teñen medo de que na metade da pelicula Harry quite a túnica e ensine a todo "quisque" a sua "variña máxica".
Eu non vexo o motivo de tanto escándalo, ata é loxico, simplemente tenta fuxir dese "encasillamento" de neno mago demostrando que pode pasar de actor neno a actor adulto. So me resta dicir que: .. Lenda, faiche unha pequena viaxe a Londres a ver algo de teatro?? xD
P.D: a noticia está algo (por non dicir moito) desactualizada pero non tiven oco para metela antes. Á proxima estarei máis aguda.

A primeira vista

Este luns a falta de que facer (Si vale podia estudar xa que boa falta me fai estando en exames, pero non habia ganas) pois asistín como público ao programa Hai Debate da TVG. Foi unha nova experiencia, e nela algún que outro coñeceu información privilexiada sobre a miña infacia.(agardemos que a latas lle esquecese e non tente poñerme en contacto con D.L para que me capte como integrante para o coro da sua igrexa xD).
O que aprendín nesa tarde servirame para o resto da vida : calquera pode ser presentador da televisión. Neste caso tratase dunha presentadora que fai o que lle peta dando entrada a comentarios cando xa estaba fora de tempo. Non vou entrar na estética da presentadora nin tampouco no abafante traballo das estilistas da galega, pareceme mais cómico o labor de producción que para o cara a cara proponen un interesante (lease en ton irónico por favor) debate sobre a cultura do viño. En fin.. a única persoa con xeito que falou nese programa foi Antón Losada ..si si... pero todo isto foi antes da aparición do home que captaria a miña atención polo resto do tarde. Gracias a el puiden controlar o ataque de risa do que fun victima no medio do programa por mor dun “hipo” mal xestionado por unha “hippie” que sengundo Eloy (que non axudou nada para que eu deixase de partirme, mais ben o contrario) desprendia un cheiro non moi agradable. Falando en prata: cheiraba que botaba para atrás! Eloy xa sabemos que non era por ser malo nin racista nin nada diso oh.. non te desculpes! Pois mentras eloy falaba e requetefalaba coa do lado eu concentrabame nese ser divino, semideus, atractivo e cunha mirada cautivadora, (a par que faltón todo hai que dicilo, si vale e que? Algún defecto tiña que ter non?) e que lle deu unha nota de cor a un debate tan sumamente aburrido. Despois dese namoramento profundo do que todos fomos victimas quero lanzar unha mensaxe para o responsable de que viñesemos babexando por el durante a viaxe de volta:

QEREMOSTE BIEITO LOBEIRA!!! XD (Eloy .. dame igual que ti o vises primeiro!!)


Deixovos cun cacho do debate sobre acuicultura, motivo polo que Bieito, portavoz en temas marítimos do grupo parlamentar do BNG se atopaba este luns en Hai Debate. Aiii tiña que ser pontevedrés! xD Isto é o que se chama comunmente amor a primeira vista.

viernes, 2 de febrero de 2007

Amelie de Montmartre

Amelie
(Le fabuleux destin d'Amélie Poulain)
Dirección: Jean-Pierre Jeunet
Intérpretes: Audrey Tautou, Mathieu Kassovitz, Rufus, Maurice Bénichou, Isabelle Nanty..
Xénero: Comedia romántica / De autor
Ano: 2001
Duración: 122 minutos
Nacionalidade: Francia / Alemaña

Amelie Poulain non é unha rapariga calquera. Dende que morreu súa nai seu pai dedica todo o seu afecto a un gnomo de xardín na súa casa de Montmartre, onde ela creceu e onde traballa como camareira nun bar. A súa vida é do más sinxela: gústalle tirar pedras o río, romper o caramelo da crema catalana, observar á xente e, sobre todo, deixar voar a súa imaxinación sen limites.Amelie ten un gran obxetivo na vida: tentar facer máis feliz a existencia dos demais. Para iso inventa toda clase de estratexias que lle permitan intervir, sen que se den conta, nas vidas das persoas que a rodean. Entre elas está a súa porteira, unha infeliz que pasa os días bebendo viño de Oporto; Georgette a estanqueira, unha hipocondríaca sen remedio; ou "o home de cristal", un veciño enfermo que non pode sair da súa casa e que pasa os días reproducindo o mesmo cadro de Renoir.Pero a vida de Amelie vese trastocada coa chegada dun rapaz extraño e peculiar: Nino Quincampoix. Nino traballa de pantasma no túnel do terror e nunha sex-shop, e nos seus ocos libres colecciona as fotos abandoadas nos fotomatóns para buscar despois ás persoas que aparecen nelas.Cando se crucen, as vidas do extraño Nino e da enigmática Amelie darán un xiro que ningún dos dous pode imaxinar...

“A vida non é máis que un interminable ensaio dunha obra que endexamáis se estreará.”
Unha das películas francesas máis taquilleiras de todos os tempos, Amélie marcou un fenómeno moi poco corrente nos seus tempos, desbancar ás sempre taquilleiras películas americanas en Francia e lograr unha gran repercusión fóra do seu país, en EE.UU., Europa, e incluso en países tan afastados coma Xapón. O film foi un éxito de taquilla, recibindo galardóns nacionais e internacionais. Foi nominada para cinco Premios Oscar: Mellor dirección artística, mellor cinematografía, mellor película extranxeira, mellor guión orixinal, mellor sonido. No ano 2002, en Francia, gañou o Premio César por: mellor película, mellor director, mellor banda sonora e mellor dirección artística. Ademais estivo nominada nas categorías de mellor actriz, mellor actor secundario, mellor actriz secundaria, mellor guión orixinal ou adaptación e mellor fotografía.

jueves, 1 de febrero de 2007

Un ataque inoportuno

Como cada vez que remato un exame, estiven durmindo ata este intre para quitarme esa empanada mental que che queda despois de entregarlle a bazofia en cuestión ao profesor. Esta vez tratouse dun test que, polo visto, a quen traballase un pouco durante todo o curso, non se tería unha valoración negativa das preguntas en branco ou mal contestadas. E ainda que poida parecer extraño, eu estaba nese grupo VIP do bo estudante, con esforzo diario e dedicación plena nos trabalos de grupo- a mera presenza e supervisión dan moitas dores de pota-.
Pero, seguindo o fío da exposición, en vez de aproveitar a coxuntura e pórme a xogar ao "Pito pito", deume unha arroutada de sinceridade e deixei sen contestar aquelas preguntas nas que non tiña nin a máis remota idea. Poderiamos definir este fenómeno paranormal como "ese intre no que a conciencia sae dese lugar de onde nunca tiña que ter saído" e, de feito, abofé que non adoita saír. Foi como se a conciencia non tivese en conta os plans macabros que estivéramos a deseñar cinco minutiños antes e que, a priori, ía utilizar. Ben, non vou a explicarvos aquí como era o método de copia, porque sería moi complicado de sintetizar nun blog e, ademais, non o chegamos a empregar. Só botei man do método máis antigo: a consulta ao do lado, neste caso, ao Sr. Latas.
Pois, como ía dicindo, a conciencia estragoume unhas posibles décimas que podía obter no test ao chou, co que me gusta a min o sistema aleatorio. Por mor dun ataque inoportuno de falsa sinceridade cun mesmo boteino todo a perder. Conclusión: non sexados parvos, queridos amigos. A conciencia traíada a colación- diría o profesor que teño con complexo de Edipo- non serve denada.

inutilidade positiva

Non deixa de resultar curioso como das cousas máis inútiles un sempre saca o "lado bo". Por exemplo, nunca ten un moitas ganas de poñerse a arranxar o cuarto, pero é matemático que en época de exames, un sempre atopa as ganas que esquecera durante o resto do ano e de paso, faise unha boa conciencia por non ter perdido o tempo de todo facendo algo útil (útil si.. pero non no momento axeitado). Calquera cousa por inútil que sexa é máis productiva que sentarse fronte os apuntes. O voo dunha mosca ten moitismo máis interese que unha morea de apuntes sobre a consolidación do reino astur-leonés...onde vai parar! O caso é que .. a estas, que non son horas, atópome aquí coas miñas elucubracións cando deberia estar estudando ou cando menos.. durmindo. Pero bueno... c'est la vie (que tipico-tópico me saiu isto) a miña concentración non se prodiga moito que digamos e, en teclear un cacho, atopei a miña inutilidade positva. xD
En fin... asco de exames!

RESERVOIR DOGS

Señor Marrón: Sabes de que vai Like a virgin? Dunha rapaza que tolea por un tipo cunha tranca enorme. Toda a canción é unha metáfora sobre as trancas grandes.
Señor Azul: Non, señor. Vai dunha rapaza moi vulnerable, á que foderon moitas veces e que coñece a un tío sensible.
Señor Marrón: Eh? Non te pases de poeta. Iso cóntallo ao teu pai. Like a Virgin non vai dunha rapaza sensible que coñece a un bo tio. Esa é True Blue. Sen dúbida, iso está moi claro.

Señor Laranxa: Cal é True Blue?
Eddie o amable: Non escoitaches True Blue? Foi un exitazo de Madonna. Que pasa? Non escoitas os 40 Principales?
Señor Laranxa: Oes! Non dixen que non a escoitara. Eu só preguntaba de qué vai. Non son o mellor fan de Madonna.
Señor Rosa: Eu paso dela.
Señor Azul: A min gustábame nos comezos con Lucky star e Borderline, pero cando empezou con Papa don´t preach esquecinme.
Señor Marrón: Con tanta carallada, fixéstesme perder o fio do que estaba a dicir. Que era?
(...)
Señor Marrón: ¿Qué carallo estaba a dicir?
Señor Laranxa: Que True Blue vai dun tio, dunha rapaza sensible que coñece a un bo tio e que Like a virgin é unha metáfora de trancas grandes.
Señor Marrón: Vouvos dicir de que vai Like a virgin. Trata dunha putiña que é unha máquina de foder, ou sexa, pola mañá, pola tarde, pola noite..., tranca, tranca, tranca, tranca, tranca.
Señr Azul: Cantas trancas son?
Señor Branco: Unha chea.
Señor Marrón: Entón, un día a tía atópase cun fillo de puta que ten un pirolón. Zas! O tipiño é como Charles Bronson en The great escape. Cava túneles A tipa acaba de atopar a tranca da súa vida e sinte algo que nunca sentira antes: dor. dor, dóelle, dóelle, dóelle. E non debería! Dóelle, porque o paso tiña que estar xa ben aberto. Pero cando lle peta ese cabrón dóelle, igualiño que na primeira vez. A dor lémbralle a máquina de foder, ao que sentiu cando era virxe. De aí, Like a virgin.



Seis gángsters profesionais son contratados por Joe Cabot (Lawrence Tierney) e Eddie Cabot (Chris Penn) para un traballo. Eles non se coñecen entre sí e mantéñense no anonimato, agochados baixo nomes de cores: Sr. Rosa (Steve Buscemi), Sr. Branco (Harvey Keitel), Sr. Laranxa (Tim Roth), Sr. Marrón (Quentin Tarantino), Sr. Azul (Edward Bunker) e Sr. Rubio (Michael Madsen) preparan minuciosamente o roubo a unha xoiería, pero a policía aparece inesperadamente no momento do atraco convertíndoo nunha masacre. Todo fai sospeitar que hai un traidor infiltrado. Reunidos a porta pechada nun vello almacén abandoado, os sobrevivintes enfróntanse entre si tentando descubrir quén os levou a esta situación límite.

Ficha técnica:

Título orixinal: " Reservoir Dogs "
Ano: 1992
Nacionalidade: EEUU
Xénero: Acción
Dirección: Quentin Tarantino
Guión: Quentin Tarantino
Galardóns: Mellor Película Festival Sundance (1992)