miradas que converxen

jueves, 1 de febrero de 2007

Un ataque inoportuno

Como cada vez que remato un exame, estiven durmindo ata este intre para quitarme esa empanada mental que che queda despois de entregarlle a bazofia en cuestión ao profesor. Esta vez tratouse dun test que, polo visto, a quen traballase un pouco durante todo o curso, non se tería unha valoración negativa das preguntas en branco ou mal contestadas. E ainda que poida parecer extraño, eu estaba nese grupo VIP do bo estudante, con esforzo diario e dedicación plena nos trabalos de grupo- a mera presenza e supervisión dan moitas dores de pota-.
Pero, seguindo o fío da exposición, en vez de aproveitar a coxuntura e pórme a xogar ao "Pito pito", deume unha arroutada de sinceridade e deixei sen contestar aquelas preguntas nas que non tiña nin a máis remota idea. Poderiamos definir este fenómeno paranormal como "ese intre no que a conciencia sae dese lugar de onde nunca tiña que ter saído" e, de feito, abofé que non adoita saír. Foi como se a conciencia non tivese en conta os plans macabros que estivéramos a deseñar cinco minutiños antes e que, a priori, ía utilizar. Ben, non vou a explicarvos aquí como era o método de copia, porque sería moi complicado de sintetizar nun blog e, ademais, non o chegamos a empregar. Só botei man do método máis antigo: a consulta ao do lado, neste caso, ao Sr. Latas.
Pois, como ía dicindo, a conciencia estragoume unhas posibles décimas que podía obter no test ao chou, co que me gusta a min o sistema aleatorio. Por mor dun ataque inoportuno de falsa sinceridade cun mesmo boteino todo a perder. Conclusión: non sexados parvos, queridos amigos. A conciencia traíada a colación- diría o profesor que teño con complexo de Edipo- non serve denada.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

jajajaja.dende logo que parvo es! jajaja pa un exame que non nos baixan se a pomos mal! ainda vas suspender :) eu incluso contestei a do EBIDTA q non tiña nin piiiii idea e acerteina!!!!pero bueno seguro que todo sae ben xq ainda que nos saia mal o exame quedome coas palabras de campos: "ainda que esteades a borde do precipicio eu nunca vos afundirei" que maxo é. por iso lle adican canción por cada sitio que pasa e senón comprobadeo en youtube. quen pode dicir q ten unha canción ???? jajaja so poucas persoas coma el. viva campos !!! ka!

Anónimo dijo...

Lendaaaaaaaaa! Parece mentira en ti. Como podes ter conciencia?? E máis nun exame? Pero de todo isto extraío unha conclusión bastante positiva. O luns chegaches ao exame de Galocha (profesor que me recorda moito a nós mesmos facendo traballos xD) e fixeches o que te caracteriza: inventar.
Xa o dicía a retórica clásica (preguntar a O´Hoxe) que hai unha parte que se chama INVENTIO. Se fósemos romanos, penso que chegaríamos a emperadores grazas a esta parte tan importante dos discursos.
Xa que falamos de romanos, quero dicir unhas palabras latinas: "habemus papam. Oh, Daniel Alejandro!"
Xa para acabar, só recordarche que non me lembraches para as notas. Pero hai unha cousa aínda máis importante: esquecécheste de ver a nota do puto amo Lires. Isto levarame tempo superalo. Polo pronto, tentarei mañá ler Les (valla a redundancia)!
Veña, fai entradas!!

Anónimo dijo...

como te entendo lendiña, a miña conciencia tamén me xogou unha mala pasada desta volta. Como se fose un concursante desesperado de Alla Tú, decidín non arriscar por se acaso e xa ves... pero bueno xa me teño conformado con menos, jajaja
De tódolos xeitos, quero aproveitar este espazo que nos brindas para criticar a campos: dios que asqueroso qres campos!!! Ogallá volvan colgar o vídeo en youtube!!
Ai, que a gusto quedei.
beijos.

Anónimo dijo...

Estou sumamente indignado con que no me hayas avisado de la nota cuando bien sabías que te había dicho que me dieses un toque si salía alguna nota. Demonios, no es que te reproche algo, pero nunca creí que esto pudiese llegar a pasar.
Te repito el número por si lo has perdido: 678191886.
PD: Si alguien quiere que le oficie una misa, boda o comunión no duden en llamar!

Anónimo dijo...

Que pasa tío? Que enrollado es tu espacio! Mola mazo, neng! Ánimo!
Cualquier tipo de competencia que quieras eliminar, avisa. Ok makei??

Anónimo dijo...

buEnOO faltaba la menda x comentar!!jeje. q conste en acta k mando el comentario antes d hacerme vieja (solo un dia antes xD). Aiss q atakes de conciencia. si ya sabes que a dia de hoy ser sinceros no vale de nada, y hay que aprovechar las oportunidades, pero como Campos es un gran hombre, ha premiado tu sinceridad y gran esfuerzo. q ad+ q este año t ha dado por currar a tope!!jaja. Solo me queda por decir que VIVA CAMPOS!!!!(se nota q le viene de familia y todo fijo xk el viernes le fuimos a dejar unos cuantos eurillos a su hermano por su estupenda cena xDDDDD). Ahora solo nos queda por saber 2 notas mas...puff. Animo e moita sorte!LaLi