miradas que converxen

miércoles, 30 de mayo de 2007

¿Lémbraste?

A nosa xeración medrou ao compás dos debuxos animados da TVG, eses que se incluían no tan mítico xa, Xabarín Club. ¿Quén non lembra as series como Arale, Son Ghoku, Doraemon, Sailor Moon, Candy candy.... que nos entretiñan tódalas tardes?
Tampouco nos podemos esquecer das felicitacións de cumpreanos de todos os socios, hehe, recoñezo que eu, e creo que David tampouco, nunca fun socia do afamado clube, pero lembrome que no meu cole si había unha rapaza que era socia, e ver a sua foto o dia no que estaba de aniversario converteuse nun ritual para todos os compañeiros. Creo que se un dia me poño a mirar nesa data aínda estará ali a sua foto xDDD.
Entre aniversarios, trucos de maxia e anuncios, o que máis entusiasmo levantaba eran os videoclips. ¿Quen non ia por ahi cantando a de "estou na lavadora estou na lavadora"? Deixovos pois, con unha selección de videos do xabarín para que fagades memoria recordando a vosa infancia. ¿cal era o voso favorito?
--Estou na lavadora--

--pero que jallo é??--

--íscalle lura--

--non todo é o que parece--

lunes, 21 de mayo de 2007

Ponte el cinturón

Un dos novos programas que está pegando forte ultimamente é o que ven da man de Cuattro, Factor X. Non sabemos como será o programa en si mesmo, polo de agora cheganos cos castings que, dende logo dan para botar unhas boas gargalladas. ¿Acontecerá coma sempre e o único que ten de interesante son os os castings ou o programa valerá a pena?. Moitos ven nel unha continuación de Operación Triunfo, aínda que o xurado de preselección para os concursantes parece moito máis cruel e directo... ¿será que Risto lles deu aulas particulares? Polo momento os castings estannos ensinando cada elemento.. entre eles podemos encontrar unha candidata segura a nova artista do verán... pasen e vexan: