miradas que converxen

miércoles, 28 de marzo de 2007

Boicot a PRISA (II)

Tralo anuncio de boicot chegaron as primeiras reaccións. En primeiro lugar Zapatero declarou que o boicot a PRISA ataca o dereito da información e a liberdade de expresión. Preguntouse tamén "que haría el PP si estuviera en el Gobierno; qué haría con los medios públicos". Cabe lembrar que cando os populares estiveron no Goberno evidenciaron ataques contra a liberdade de información no ente público e nos medios afíns; medios que, coa COPE á cabeza, serven de plataforma comunicativa do ideario do Patido Popular. Este medio, con figuras como Federico, si que se podería considerar que difama e ataca de forma inmoral, algo que non pasa nos medios de PRISA. Nesta liña, o lider de IU, Gaspar Llamazares, considerou o boicot "un chantaje" e unha medida "tremendamente hipócrita" xa que o PP no só usa os medios privados "afines a sus intereses", senón que no pasado "usó los medios públicos" para "servir a sus fines de partido". Llamazares sinalou que as siglas do PP comezan a responder a "partido paranoico" xa que "lo que no concuerda con sus deseos y consignas se convierte en una conspiración y en una confabulación contra sus intereses".
Esta medida non só contou coa crítica do resto dos partidos, senón que dentro dos propios populares un sector liderado por Gallardón, que calificou a situación de "anómala", optaba por unha conciliación co grupo de comunicación. Así lideres populares de Cataluña, Galicia, ou Valencia entre outros desmarcaronse das declaracións do seu lider, Mariano Rajoy que reivindica o seu dereito a defenderse dos ataques ao seu partido e aos seus votantes. Como dicíamos, esta medida parece non ser moi estricta, pois hoxe mesmo Gallardón concedía unha entrevista á Cadena Ser e onte, Gabriel Elorriaga falaba con Marta Nebot (Cuatro).
Con preguntas como "Si somos tan deleznables, ¿para qué se nos invita?" cuestionámonos onde vai aquel Rajoy moderado que traería novos aires ao PP. Cada día tórnase máis radical, cunha politica de "todo vale" para recuperar o poder: utilización política das victimas, demagoxia no caso De Juana... e agora este boicot.
Por outro lado, o Comité de empresa Unedisa, editora do diario EL MUNDO, expresaba o seu apoio e solidariedade coa plantilla deste grupo, así como tamén coa de TeleMadrid, ante o recente anuncio do PSOE de non acudir ás tertulias desta cadea. Ambas accións son igualmente criticables, xa que ningún partido político ten o dereito de implicar e perxudicar aos xornalistas nas súas loitas partidistas, nin tampouco pór en perigo o dereito constitucional dos cidadáns a ser informados.
Non só deixou sen publicidade e tertulianos aos medios de PRISA senón que a dirección a nivel nacional do Partido Popular difundeu entre os seus dirixentes e cargos politicos un documento no que insta a cumplir o boicot contra o grupo de comunicación no que se incluen unha serie de falsas acusacións como a presunta profunda crise empresarial que atravesa o grupo de Polanco.
No que a mentiras se refire, o PP, por non variar, suma e segue.

Dieguito e Mafalda.

martes, 27 de marzo de 2007

Boicot a PRISA

"Comunicamos a todos los ciudadanos, y de manera especial a los accionistas, anunciantes y clientes de ese grupo de comunicación que, desde este momento y mientras el Sr. Polanco no rectifique pública e inequívocamente sus lamentables declaraciones, el Partido Popular dejará de atender todas las convocatorias de entrevistas, tertulias y programas del Grupo Prisa y demás empresas controladas por Jesús Polanco."
Mediante este comunicado o Partido Popular reaccionaba ante as declaracións feitas polo presidente do Grupo PRISA, Jesús Polanco, nunha xuntanza de accionistas deste grupo de comunicación. En resposta á intervención dun socio da Xunta de Accionistas do Grupo PRISA, quen lamentaba que o grupo fose percibido como unha fonte de poder partidista, Polanco asegurou que o seu grupo intenta "ser neutral", pero que "es muy dificil estar de acuerdo con la acción política de algunos partidos", sobre todo, en momentos en que "hay quien desea volver a la guerra civil". Lamentouse, ademais, do ambiente de crispación que se está a vivir nestes últimos anos, que califica peor que o da transición. De feito, afirmou que o PP tenta chegar ao poder de calquera xeito e, ao seu xuízo, se a dereita "recupera el poder van a venir con unas ansias de revencha" que lle dan moito medo. Polanco tildou ao Partido Popular de ter un "marcado carácter franquista" e destacou a necesidade de contar cun partido de dereitas laico e moderado en España.
Nun país democrático debe primar a liberdade de expresión. Deste xeito, calquer cidadán está no seu lexítimo dereito de expresar as súas opinións, xa sexan estas acertadas ou non -aínda que estas declaracións non se afastan moito da realidade-. O que non pode facer un partido político é privar a todo un grupo de comunicación do seu deber de informar e, asimesmo, do dereito dos cidadáns a ser informados, polas simples declaracións do seu presidente. Sobre o tema da neutralidade, todo grupo de comunicación ten unha liña ideolóxica e empresarial ben definida. No xornalismo a neutralidade e a obxectividade non existen. Polo tanto, o Grupo PRISA non deixa de ser unha pílula do mesmo tarro. Habería que coñecer os niveis de liberdade profesional do que gozan todos os seus traballadores, que parecen ser de momento aceptables. Con todo, a medida do PP, sen precedentes na historia, non deixa de ser radical e rexeitable, xa que se un medio non converxe coa ideoloxía dun partido, non xustifica endexamais que castigue aos cidadáns que si o fan. Non deberían esquecer que, ante todo, representan a unha boa parte da cidadanía, parte da cal participa deses medios, co cal non deixarían de ir en contra dela.
Por outra banda, nun clima preelectoral, non parece ser axeitado prescindir do diario con máis difusión- El País-, da radio con maior índice de audiencia e do resto dos medios que integran o maior grupo de comunicación do Estado.
Aproveitamos este momento para sinalar que non vemos con bos ollos que un grupo empresarial controle a tantos medios de comunicación, xa que representa un atentado á pluralidade, idea da que tanto presumen. A oligopolización e concentración empresarial no eido comunicativo reducen a diversidade das fontes de información, necesarias nun mundo non exento de complexidade.
Dieguito e Mafalda.

domingo, 25 de marzo de 2007

Almorzo con diamantes

TITULO ORIXINAL: Breakfast at Tiffany´s
DIRECTOR: Blake Edwards
INTERPRETES: Audrey Hepburn, George Peppard, Patricia Neal, Buddy Ebsen, Martin Balsam, Mickey Rooney, Jose Luis de Villalonga
GUION:George Axelrod baseado na novela de Truman Capote
MUSICA: Henry Mancini
FOTOGRAFIA: Francoit Edouart(Color)
MONTAJE: Howard Smith

Lonxe do glamuroso titulo, o argumento xira entre dous personaxes marxinais: unha moza de moral dubidosa e un estafador que vive a costa da súa amante.
Holly (Audrey Hepburn) é unha moza da moderna burguesía de Nova Iorque, que vai de festa en festa ata altas horas da madrugada, na procura dun home rico que a manteña. O seu maior desexo é Tiffany's, a tenda de xoias da 5ª Avenida. Non obstante, dada a súa falta de cartos só se dedica a xoguetear cos homes, sen querer manter unha vida estable e nin tan sequera mantendo a súa casa.
Paul (George Peppard) é un escritor que só publicou un libro (agora, a súa máquina de escribir nin sequera ten tinta). É a súa amante, rica e algo maior ca el, a que o mantén e lle da os cartos que precisa.
Cando Paul se traslada ao apartamento situado enriba do de Holly, ambos se coñecen e se fan amigos.
Baixo a apariencia dunha comedia romántica agochase unha crítica clara contra as clases sociales máis acomodadas e do que algunhas persoas chegan a facer para gañarse un oco entre os primeiros.
Baseada na novela de Truman Capote, Almorzo con diamantes convertiuse co paso dos anos nunha das películas máis emblemáticas dos anos 60.
A película estivo nominada para un total de 5 Oscars dos que o final obtivo sólo 2, os correspondentes á mellor banda sonora para Henry Mancini e á mellor canción para Henry Mancini (música) e Johnny Mercer (letra), quedando ás portas Audrey Hepburn batida por Sophia Loren en Duas mulleres, George Axelrod (mellor guión adaptado) derrotado por Abby Mann (Os xuicios de Nurenberg) e por último a nominación para os mellores decorados en cor cuxo galardón recaiu na película West Side Story.

A canción Moon River foi expresamente escrita para Audrey que non tiña nocións de canto e case foi eliminada da película. Mantívose polo empeño da actriz.

jueves, 8 de marzo de 2007

O Madrid batindo récords

O Real Madrid segue facendo historía. Xa vai pola cuarta tempada en branco- facendo honra ás cores oficias do clube- e non hai sintoma de cambio. Da excesiva soberbia de Florentino, que non lle chegaba cun título por ano con Del Bosque e ao final quedouse sen ningún título e sen un adestrador serio-, pasamos a un presidente que non ten nin proxecto deportivo nin cumpliu as promesas que lle colocaron nos postos de mando- nin Kaka, nin Cesc, nin Cristiano Ronaldo-. E tampouco hai planificación de plantilla, o que poderiamos considerar unha política- ou mellor dito non política- arbitraria de fichaxes, obtendo como resultado unha plantilla descompensada.
Prometíase en verano unha limpeza de xogadores, ao final só Zidane saliu do Madrid, e non porque o botasen, senón porque tocaba retiro. Así, os mesmos xogadores que fracasaron unha, dúas e tres veces seguian sendo os protagonistas desta película de terror chamada Real Madrid. Con Capello viñeron Emerson, Diarra, Cannavaro, Van Gol e Reyes. Emerson e Diarra viñan a ocupar un posto deserto desde a marcha de Makelele, a de medio centro defensivo. O primeiro sostivera a seleción brasileña durante longos anos, traballando por moitos xogadores que non participaban en tarefas defensivas- problema que tiña ata entón o Madrid- . O segundo deslumbrara ao Madrid co Lyon, equipo que sempre humillaba ao Madrid en Europa. Ningún dos dous parece adaptarse ao Madrid. Emerson parece estar listo para a xubilación e de Diarra esperábase algo máis. Cannavaro pasou de ser o mellor central do mundo, a ser o central máis patoso da Liga española e Reyes, que deslumbraba en Inglaterra, pasa desapercibido polos campos españois. No que se refire a Van Gol, parece que perdeu algo de olfato goleador, ou que non ten un equipo que se adapte as súas características- a saber-.
Con este novo panorama só faltaba deixar escapar ao mellor dianteiro do mundo polo menor prezo posible- outro récord do Madrid-. Capello fai marchar a Ronie, e os blancos quedan sen apenas gol. Por outra parte, a plantilla gana a partida a Capello, algo impensable. O italiano era famoso pola súa man dura e aquí parece ablandar. Cassano, Bechkam e Emerson volveron a xogar despois dos seus respectivos actos de rebeldía. En resumo, Capello non ten nin idea de bo fútbol e o único que tiña- man dura- parece xa perdido.
Cun entrenador en entredito, unha plantilla perdida e descompensada, agora sen dianteiros e falta de organizadores e extremos- Robinho cae unha e outra vez da súa bicicleta- e un presidente de coña, os resultados virían sós. Só Casillas evita males maís graves. Primeiro foi a Copa e agora a Champions, mentres na Liga as posibilidades de título son practicamente nulas. Eso sí, O Madrid segue a batir récords. 10 segundos bastaron para mandar ao garete a Champions. Aquí vos deixo o vídeo que ilustra o despropósito branco.
Sempre nos quedará alegrarnos coas derrotas do veciño.