miradas que converxen

viernes, 2 de febrero de 2007

Amelie de Montmartre

Amelie
(Le fabuleux destin d'Amélie Poulain)
Dirección: Jean-Pierre Jeunet
Intérpretes: Audrey Tautou, Mathieu Kassovitz, Rufus, Maurice Bénichou, Isabelle Nanty..
Xénero: Comedia romántica / De autor
Ano: 2001
Duración: 122 minutos
Nacionalidade: Francia / Alemaña

Amelie Poulain non é unha rapariga calquera. Dende que morreu súa nai seu pai dedica todo o seu afecto a un gnomo de xardín na súa casa de Montmartre, onde ela creceu e onde traballa como camareira nun bar. A súa vida é do más sinxela: gústalle tirar pedras o río, romper o caramelo da crema catalana, observar á xente e, sobre todo, deixar voar a súa imaxinación sen limites.Amelie ten un gran obxetivo na vida: tentar facer máis feliz a existencia dos demais. Para iso inventa toda clase de estratexias que lle permitan intervir, sen que se den conta, nas vidas das persoas que a rodean. Entre elas está a súa porteira, unha infeliz que pasa os días bebendo viño de Oporto; Georgette a estanqueira, unha hipocondríaca sen remedio; ou "o home de cristal", un veciño enfermo que non pode sair da súa casa e que pasa os días reproducindo o mesmo cadro de Renoir.Pero a vida de Amelie vese trastocada coa chegada dun rapaz extraño e peculiar: Nino Quincampoix. Nino traballa de pantasma no túnel do terror e nunha sex-shop, e nos seus ocos libres colecciona as fotos abandoadas nos fotomatóns para buscar despois ás persoas que aparecen nelas.Cando se crucen, as vidas do extraño Nino e da enigmática Amelie darán un xiro que ningún dos dous pode imaxinar...

“A vida non é máis que un interminable ensaio dunha obra que endexamáis se estreará.”
Unha das películas francesas máis taquilleiras de todos os tempos, Amélie marcou un fenómeno moi poco corrente nos seus tempos, desbancar ás sempre taquilleiras películas americanas en Francia e lograr unha gran repercusión fóra do seu país, en EE.UU., Europa, e incluso en países tan afastados coma Xapón. O film foi un éxito de taquilla, recibindo galardóns nacionais e internacionais. Foi nominada para cinco Premios Oscar: Mellor dirección artística, mellor cinematografía, mellor película extranxeira, mellor guión orixinal, mellor sonido. No ano 2002, en Francia, gañou o Premio César por: mellor película, mellor director, mellor banda sonora e mellor dirección artística. Ademais estivo nominada nas categorías de mellor actriz, mellor actor secundario, mellor actriz secundaria, mellor guión orixinal ou adaptación e mellor fotografía.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

estrenome no voso blog comentando algo sobre esta película, unha das miñas favoritas.

Eu entendo que moita xente me dixese que é unha merda, por iso mesmo creo que a min me gusta. Hai que ser un pouco raro e ter moi pouco de mediocre para apreciar esta obra de arte.

En fin, eu identifícome moitisimo con Amélie, un dos meus maiores ídolos.

Rubén

TeRMi dijo...

É unha boa película pero explota tantos estereotipos e faise tan predecible que perde moita da orixinalidade da que presume.
É tan falsamente naïf que baixa dunha posible moi boa película ata a mediocridade.
Na miña opinión, se gustou tanto é porque, ainda que a estética e o modo de dirixir estén máis que machacados, ese tipo de cine estaba tan esquecido (lévamos anos coa mesma merda de cine, no comercial enténdese) e calquera cousa distinta ó que hai agora parécenos trmendamente boa e xenial por moi pouco que se faga.

O que quero dicir, e resumindo: non é mala película pero está sobrevaloradísima.


---------------------------------
TeRMi, http://arrosconchicharos.bitacoras.com/

Anónimo dijo...

Aii...Amélie Poulain fantástica na película a actriz. Que páxina vos marcades eh? Gústame o voso blog, xa sabes que o visitarei sempre. Veña Silvia, un bikiño enorme e a ver se vemos de festa por aí....Fdo:PtR.