miradas que converxen

domingo, 25 de febrero de 2007

Censura en democracia

A censura e a democracia son conceptos que por definición non poden ser compatibles. Un país que presuma de ter un sistema democrático, debería velar pola liberdade e a pluralidade, adxectivos que son condición sine qua non para que o citado sistema exista. Actualmente, presúmese de democracia e liberdade en moitos países, pero nesas democracias existen atentados diarios á liberdade imperdoables. Non hai máis que ver aos EEUU para corroborar o que estou a dicir. Pero non pensen que a situación en España é distinta.
Un pode estar cansado de escoitar que na dictadura franquista os medios de comunicación tiñan que convivir coa censura. Nun sistema carente de liberdades é lóxico que haxa censura, o que non é lóxico é que democracia e censura coexistan. O último exemplo foi a decisión da televisión pública de España, TVE, de non emitir a entrevista de Quintero a Jose María García. Esta decisión contextualízase nun momento no que o director do ente público foi elexido democráticamente polo Parlamento para garantir así a pluralidade.
Pois, resulta que a primeira decisión do novo directo foi censurar a entrevista ao "Butanito". ¿Esta é a liberdade e a pluralidade que se buscaba? Cercenar a liberdade de opinión dunha persoa- co agravante de producirse nunha institución pública- non pode ter nunca xustificación. Se realmente había insultos ou faltas contra as persoas que cita García, o remedio non é a censura. Se houbese algo punible, non é a censura a que debe actuar nun país democrático, é a xustiza. Formulo todo isto mediante hipóteses porque nin tan sequera os argumentos que utilizou TVE para censurar a entrevista se corresponden coa realidade. É certo que criticou a figuras como Aznar, Rajoy ou o propio presidente de TVE. Non obstante, en ningún momento insultou nin faltou ao respeto de todos os nomes que aparecían na entrevista.
Pero non queda aquí este atentado á liberdade. O colofón deste despropósito foi a emisión dun fragmento no que García falaba do presidente de TVE, para demostar así que non se censuraba polas críticas a tal presidente. Aplaudamos, pois, a esta gran iniciativa de TVE. ¡Bravo! Xa podemos estar tranquilos coa visión que ten a clase política dirixente do talante democrático.
O que define realmente a democracia é deixar falar a algúen co que non esteamos en absoluto dacordo, pero defender firmemente o seu dereito a dicilo. Señores do poder, deben vostedes saber encaixar as críticas, para poder presumir tanto de democrátas.

1 comentario:

Unknown dijo...

Ainsss... ojalá todo fuese tan bonito... pero lo malo es que los medios de comunicación, aunque sean públicos, se han convertido simplemente en unos engranajes más del sistema económico y como tales, procuran impedir elementos que puedan dañar a la empresa.
La censura está presente en cada paso del sistema informativo y mucha gente pondría el grito en el cielo si supiesen cómo llegan las noticias a un telediario...¡Te lo dice una con experiencia!