miradas que converxen

martes, 27 de marzo de 2007

Boicot a PRISA

"Comunicamos a todos los ciudadanos, y de manera especial a los accionistas, anunciantes y clientes de ese grupo de comunicación que, desde este momento y mientras el Sr. Polanco no rectifique pública e inequívocamente sus lamentables declaraciones, el Partido Popular dejará de atender todas las convocatorias de entrevistas, tertulias y programas del Grupo Prisa y demás empresas controladas por Jesús Polanco."
Mediante este comunicado o Partido Popular reaccionaba ante as declaracións feitas polo presidente do Grupo PRISA, Jesús Polanco, nunha xuntanza de accionistas deste grupo de comunicación. En resposta á intervención dun socio da Xunta de Accionistas do Grupo PRISA, quen lamentaba que o grupo fose percibido como unha fonte de poder partidista, Polanco asegurou que o seu grupo intenta "ser neutral", pero que "es muy dificil estar de acuerdo con la acción política de algunos partidos", sobre todo, en momentos en que "hay quien desea volver a la guerra civil". Lamentouse, ademais, do ambiente de crispación que se está a vivir nestes últimos anos, que califica peor que o da transición. De feito, afirmou que o PP tenta chegar ao poder de calquera xeito e, ao seu xuízo, se a dereita "recupera el poder van a venir con unas ansias de revencha" que lle dan moito medo. Polanco tildou ao Partido Popular de ter un "marcado carácter franquista" e destacou a necesidade de contar cun partido de dereitas laico e moderado en España.
Nun país democrático debe primar a liberdade de expresión. Deste xeito, calquer cidadán está no seu lexítimo dereito de expresar as súas opinións, xa sexan estas acertadas ou non -aínda que estas declaracións non se afastan moito da realidade-. O que non pode facer un partido político é privar a todo un grupo de comunicación do seu deber de informar e, asimesmo, do dereito dos cidadáns a ser informados, polas simples declaracións do seu presidente. Sobre o tema da neutralidade, todo grupo de comunicación ten unha liña ideolóxica e empresarial ben definida. No xornalismo a neutralidade e a obxectividade non existen. Polo tanto, o Grupo PRISA non deixa de ser unha pílula do mesmo tarro. Habería que coñecer os niveis de liberdade profesional do que gozan todos os seus traballadores, que parecen ser de momento aceptables. Con todo, a medida do PP, sen precedentes na historia, non deixa de ser radical e rexeitable, xa que se un medio non converxe coa ideoloxía dun partido, non xustifica endexamais que castigue aos cidadáns que si o fan. Non deberían esquecer que, ante todo, representan a unha boa parte da cidadanía, parte da cal participa deses medios, co cal non deixarían de ir en contra dela.
Por outra banda, nun clima preelectoral, non parece ser axeitado prescindir do diario con máis difusión- El País-, da radio con maior índice de audiencia e do resto dos medios que integran o maior grupo de comunicación do Estado.
Aproveitamos este momento para sinalar que non vemos con bos ollos que un grupo empresarial controle a tantos medios de comunicación, xa que representa un atentado á pluralidade, idea da que tanto presumen. A oligopolización e concentración empresarial no eido comunicativo reducen a diversidade das fontes de información, necesarias nun mundo non exento de complexidade.
Dieguito e Mafalda.

No hay comentarios: