miradas que converxen

domingo, 25 de marzo de 2007

Almorzo con diamantes

TITULO ORIXINAL: Breakfast at Tiffany´s
DIRECTOR: Blake Edwards
INTERPRETES: Audrey Hepburn, George Peppard, Patricia Neal, Buddy Ebsen, Martin Balsam, Mickey Rooney, Jose Luis de Villalonga
GUION:George Axelrod baseado na novela de Truman Capote
MUSICA: Henry Mancini
FOTOGRAFIA: Francoit Edouart(Color)
MONTAJE: Howard Smith

Lonxe do glamuroso titulo, o argumento xira entre dous personaxes marxinais: unha moza de moral dubidosa e un estafador que vive a costa da súa amante.
Holly (Audrey Hepburn) é unha moza da moderna burguesía de Nova Iorque, que vai de festa en festa ata altas horas da madrugada, na procura dun home rico que a manteña. O seu maior desexo é Tiffany's, a tenda de xoias da 5ª Avenida. Non obstante, dada a súa falta de cartos só se dedica a xoguetear cos homes, sen querer manter unha vida estable e nin tan sequera mantendo a súa casa.
Paul (George Peppard) é un escritor que só publicou un libro (agora, a súa máquina de escribir nin sequera ten tinta). É a súa amante, rica e algo maior ca el, a que o mantén e lle da os cartos que precisa.
Cando Paul se traslada ao apartamento situado enriba do de Holly, ambos se coñecen e se fan amigos.
Baixo a apariencia dunha comedia romántica agochase unha crítica clara contra as clases sociales máis acomodadas e do que algunhas persoas chegan a facer para gañarse un oco entre os primeiros.
Baseada na novela de Truman Capote, Almorzo con diamantes convertiuse co paso dos anos nunha das películas máis emblemáticas dos anos 60.
A película estivo nominada para un total de 5 Oscars dos que o final obtivo sólo 2, os correspondentes á mellor banda sonora para Henry Mancini e á mellor canción para Henry Mancini (música) e Johnny Mercer (letra), quedando ás portas Audrey Hepburn batida por Sophia Loren en Duas mulleres, George Axelrod (mellor guión adaptado) derrotado por Abby Mann (Os xuicios de Nurenberg) e por último a nominación para os mellores decorados en cor cuxo galardón recaiu na película West Side Story.

A canción Moon River foi expresamente escrita para Audrey que non tiña nocións de canto e case foi eliminada da película. Mantívose polo empeño da actriz.

No hay comentarios: