miradas que converxen

lunes, 18 de junio de 2007

Unha Liga así sabe mellor

Si, efectivamente, un clube como o Real Madrid non podía permitirse estar catro anos consecutivos sen acadar ningún título. Conseguilo foi unha tarefa moi dura desde o comezo ata prácticamente o últmo minuto da Liga.
Calderón e todo o Real Madrid tiñan que superar as sombras que ainda percorrían o Bernabeu da época de Florentino. O novo presidente, que gañara as elección non exentas de polémica, confiuou o obxectivo de non acabar en branco a Fabio Capello, por medio de Pedja Mijatovic. Daba igual o estilo do italiano o importante eran os bos resultados e no Madrid facía xa moito tempo que non había boas novas. Como xa se esperaba, Capello quería un equipo forte en defensa, que matase o seu rival, aproveitando ao máximo as oprtunidades das que se gozase. As cousas, non obstante, non saían ben. A aposta Emerson-Diarra non daba os resultados esperados polo técnico, Cassano non está polo labor de colaborar, Ronaldo provocaba división no vestiario e Bekcham non daba para máis e Cannavo non era o do Mundial.
O punto de inflexión foi a eliminación co Bayern na Champions. Aquel partido facía prever un novo fiasco de tempada, pero co Barça o Madrid volveu a soñar, ou mellor dito, volveu a confiar nas súas posibilidades. Xa non estaba Ronaldo, Bekcham volvía do desterro, Guti e os demais suplentes (Higuaín, Gago...) sacaban as castañas do fogo a Emerson e Diarra, que, por outra parte, melloraban co paso dos partidos e , con eles, todo o Madrid. A vella guardia española do Madrid tomaba o mando no vestiario con Raúl de protagonista principal.
No último tramo de Liga o Madrid foi o mellor. Pode que o seu fútbol non fose brillante, pero os xogadores tiñan moita fe nas súas posibilidades. así, chegaron as remontadas épicas, nas que Van Gol foi determinate con 25 goles. Parecía que de ser unha banda, pasaban a ser todos heroes. Mentres o Barça levaba unha tempada tranquila, na que xa daban o título por conseguido antes de comezar. Fixéronme recordar ao Madrid de despois de Del Bosque, ao Madrid dos galácticos, cometendo os mesmos error. Os xogadores xogaban máis en beneficio propio que en beneficio do equipo, todo o contrario que os merengues.
Tamudo e cu de Basinas deberían ser inmortalizados como deuses madridistas. Calderón debería aguantarse antes de celebrar os títulos e o Madrid non facer sufrir tanto á afección. Pero así as victorias saben mellor.
30 Ligas!!! Campións!!
Posdata: Gracias a Roberto por tantas alegrías

Interrogantes: Que será de Capello?de Reyes? e que facía Tom Cruise con gafas de sol ás 11 da noite?

4 comentarios:

Mafalda dijo...

ains.. puto madrid... o unico bo de que gañase foi o contento que te puxeches ti parvo. ;)

bicooos antimadridistas ;)

ese cruise e a sua dona con esas gafas de sol.. y la posh.. ai la posh... xD

Anónimo dijo...

O Madrid fixo os deberes, gañou de forma épica, coma sempre, fiel.., gañador, este equipo gañará moitos títulos, sóbralle fe e garra, falta lle un pouco de calidade, falta un kaá ou un cristiano ronaldo pero todo chegará...mentres celebramos este ansiado título...un caramelo que se desfai lentamente na boca mentres chea a próxima tempada...

Eu sempre che dixen que confiaba en Capello, mentres ti dicias o contrario..xa che dixen que capello gañaba un título sempre..espero que agora empeces a creer nel dunha vez..con Capello temos títulos asegurados

HALA MADRIIIIIIIIIIIIID

Good Luck Mister Beckham!!

Anónimo dijo...

SILVIA, MENUDO SUSTO ME ACABO DE LEVAR!!!!

E EU PENSANDO QUE TI ESCRIBIRAS ISO!!!!

MATOTE SE ES DO MADRID!!!!

NON PODO TER AMIGAS DO MADRID!!!

GRACIAS A DIOS, Ó VER QUEN FIRMABA, RESPIREI TRANQUILA.

ISO SI, COMO SE PODE ESTAR ENAMORADA DUN MADRIDISTA?????jejejeejeje.

COUSAS QUE PASAN!!!

POIS NADA MAIS, ANIMO CON MODERNA

E QUE SE VAI Ó INFERNO TODA A PLANTILLA DO MADRID!!!

PREPOTENTES!!!!

Chaiño

Anónimo dijo...

siii bueeeno valeee de acuerdo

moito madrid
e iso que eu son do madrid
pero a que ostia (con perdon) ven iso?
e do celta que pasa? non se fala...
aiss
vou chorar
eu vin os dous partidos...e a alegria do madrid non me chegou para quitar a pena do celta :_(

en fin
é o que hai
si se fixeran as cousas doutra forma, outro jallo cantaria :S