miradas que converxen

miércoles, 30 de mayo de 2007

¿Lémbraste?

A nosa xeración medrou ao compás dos debuxos animados da TVG, eses que se incluían no tan mítico xa, Xabarín Club. ¿Quén non lembra as series como Arale, Son Ghoku, Doraemon, Sailor Moon, Candy candy.... que nos entretiñan tódalas tardes?
Tampouco nos podemos esquecer das felicitacións de cumpreanos de todos os socios, hehe, recoñezo que eu, e creo que David tampouco, nunca fun socia do afamado clube, pero lembrome que no meu cole si había unha rapaza que era socia, e ver a sua foto o dia no que estaba de aniversario converteuse nun ritual para todos os compañeiros. Creo que se un dia me poño a mirar nesa data aínda estará ali a sua foto xDDD.
Entre aniversarios, trucos de maxia e anuncios, o que máis entusiasmo levantaba eran os videoclips. ¿Quen non ia por ahi cantando a de "estou na lavadora estou na lavadora"? Deixovos pois, con unha selección de videos do xabarín para que fagades memoria recordando a vosa infancia. ¿cal era o voso favorito?
--Estou na lavadora--

--pero que jallo é??--

--íscalle lura--

--non todo é o que parece--

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Fenomena!!!!!

Ainda estabamos a falar as da condesa das cancions estas!!!!

sorte con moderna!!!!

Chaiño.

P.D. asi me gusta, que comentes no de zapping, que fumos as unicas, jejeje. E a min dedicoumo Txury, jejeje. Agora teñen polemica sobre se se di braga ou bragas, jejje.

A opinar.

A ver se te pasas por clase, ehh????

Chaiño

Unknown dijo...

Boas!!! A mín encantábame a de "non todo é o que parece", non paraba de cantala!!!
E a ver se te vemos un pouco, que a este paso ata setembro nada. Pero por se acaso... moita sorte con moderna!!!!

(P.D: A este paso os de zapping os van ter que facer un regalo hehehe)

Anónimo dijo...

aii que buueeno jejeje
eu non era socia..porque o final non puden...pero tiña ilusion eh!
lembrome de que bernardo era socio e sempre que era o seu cumpleanos puñamonos os dous para ver como saira
pero si que é verdade que ali non renovan as fotos "nin para atras"

miñas noraboas para a señora mafalda
e señorito lenda, eu quero miras as vosas columnas
pero onde saides? sabedes?? en opinion??
mira q vou fotocopiar todolos faros eh jejejeje
besiños a parelliña
sorte cos exames que quedan

Mafalda dijo...

jejeje.. gracias señorita carlota!

emm noraboa porq?? a david si! el é xornalista, MOI bo xornalista.. eu só historiadora jeje. ainda non se sabe donde vai sair o que escriba, se escribe algo. que me da que o van ter carrexando cafeses dun lao a outro. eje..é o que ten ser becario

bikiños