miradas que converxen

lunes, 29 de enero de 2007

20 anos de mitos mal curados


Un boceto da amizade mal concebida, cando a imaxe do tópico "mellor amigo" nunca estibo ben debuxada. Mellor amigo entendido no xénero masculino... non sei porqué...nunca deu certo. Agora o termo esgrímese como amigo especial ou, cecáis, máis axeitado sexa dicir simplemente amigo. ¿Por qué non do xenero feminino? nunca tiven especial predilección por ese tipo de relacións...as mulleres para as mulleres somos unhas lobas xD. A palabra amigo non deixa de ser un mito, ou un conxunto deles que non deixan de ir caindo. Co paso do tempo daste conta que estaba idealizada é que, ainda que sabías que non podía ser perfecto, desexabas que así fose. Chegados aese punto a realidade apégate contra o chan coma un "chicle" mastigado. Amigo da paso a coñecido e dentro dese amplo grupo poderías contar cos dedos dunha man (e sobraríanche máis da metade) cantos deles poderían chegar algún día a converterse no máis parecido a ese termo mitificado.

No hay comentarios: